Etiquetas

domingo, 11 de xuño de 2023

TAREFAS DE CIENCIAS (do luns 12 ao mércores 14)

 TAREFAS  DE  CIENCIAS  DA  NATUREZA


TAREFA 1: CLASIFICACIÓN DE INVERTEBRADOS

1º LOCALIZA a túa clave dicotómica de clasificación de invertebrados no teu caderno.

2º COPIA o enunciado das instruccións no teu caderno:

3º ABRE o documento para ver os animais: DOCUMENTO DE INVERTEBRADOS


TAREFA 2: CLASIFICACIÓN ON LINE DE INVERTEBRADOS

1º ABRE esta LIGAZÓN e realiza a actividade de clasificación on line.

2º PREME en "¡TERMINADO!" e a continuación en "Comprobar mis respuestas".


TAREFA 3: COMO FUNCIONA UN ECOSISTEMA

1º REPASA, no libro de Ciencias Naturais, a información sobre os distintos tipos de ecosistemas das páxinas 30-31, tamén as relacións entre os seres vivos dun ecosistema e as cadeas alimentarias da páxina 32.


2º REALIZA no teu caderno as actividades 6, 7 e "Define conceptos" da páxina 33.


TAREFA 4: REPASO SOBRE SERES VIVOS

1º REALIZA no teu caderno as actividades 2 e 3 da páxina 36, tamén a 5 e 6 da páxina 37.


TAREFAS DE CIENCIAS SOCIAIS


TAREFA 1: REPASO DA II REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL

1º ABRE esta LIGAZÓN e realiza a actividade.

2º PREME en "¡TERMINADO!" e a continuación en "Comprobar mis respuestas".


TAREFA 2: AS MULLERES QUEREN IGUALDADE

1º LE toda a información das páxinas 132 e 133 sobre os movementos feminista durante o principio do século XX, páxinas 132-133.

2º REALIZA no teu caderno as actividades 1 e 3 da páxina 133.




xoves, 1 de xuño de 2023

CLARA CAMPOAMOR E O SUFRAXIO FEMININO EN ESPAÑA



Neste mapa podemos ver en que ano as mulleres acadaron o dereito ao voto en cada país.

En España este dereito foi recoñecido grazas ao empeño e loita de Clara Campoamor, deputada durante a II República.


Queres saber un pouco máis? Dálle ao PLAY...

luns, 8 de maio de 2023

mércores, 26 de abril de 2023

CLAVE DICOTÓMICA DE INVERTEBRADOS

 Estamos aprendendo a identificar animais invertebrados empregando unha CLAVE DICOTÓMICA.

Colle a túa clave e identifica estes animais invertebrados:

1º Tes que copiar no caderno o nome dos animais, o científico e o común, despois le as súas características e pásalles a clave dicotómica para identificar que tipo de invertebrado é.


Hottenttota tamulus (Escorpión rojo indio).

Invertebrado de catro patas, no tórax ten un caparazón NON moi resistente.



Millepora dichotoma (Coral de fuego).

Animal invertebrado, na primeira parte da súa vida ten corpo brando e a medida que medra e pasa o tempo convértese en duro, pero non se trata dun caparazón. Ao tocalo pode causar urticaria.



Atta insularis (Formiga bibijagua).

Coñecedes de sobra as formigas. Certo? Intenta clasificar esta bibijagua coa clave dicotómica.



Scolopendra polymorpha (Escolopendra trigue).

Veña!! Anímate a clasificar esta escalopendra. Que tipo de invertebrado é?




Ostrea edulis (ostra común).

Identifica as ostras. Que tipo de invertebrado será?



Hirudinea (Sanguijuela).

Aquí van varias pistas: o corpo é brando e non ten cuncha interna.



mércores, 12 de abril de 2023

A GUERRA DE INDEPENDENCIA ESPAÑOLA (1808 - 1814)

OS FUSILAMENTOS DO 3 DE MAIO, Francisco de Goya

Xa sabes que a REVOLUCIÓN FRANCESA é o feito que marcou o fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporánea, pero en España houbo outro feito tamén moi importante para a nosa historia que sucedeu a comezos do século XIX: A GUERRA DA INDEPENDENCIA.

Este conflicto enfrentou a España coa Francia de Napoleón Bonaparte. Mira este vídeo resumen para saber un pouquiño máis:

venres, 17 de marzo de 2023

EDISON vs TESLA

Despois da máquina de vapor un dos grandes inventos durante o periodo da REVOLUCIÓN INDUSTRIAL foi a electricidade e os múltiples inventos que se crearon a partir dela.

Thomas Edison e Nikola Tesla tiveron moito que ver con esta nova tecnoloxía, mira:




martes, 28 de febreiro de 2023

APRENDE A ESCRIBIR COMENTARIOS NO BLOG

Fixen un titorial para que aprendades a escribir comentarios e responder a outros usuarios nos blogs que temos abertos este ano. 

Lembra que as NORMAS para escribir comentarios son:


  • Os comentarios deben estar en relación á entrada na que escribes, pode ser a túa impresión sobre o tema, algunha pregunta, unha opinión, etc.

  • Sempre comezamos escribindo o noso nome e curso para que todas e todos saibamos quen comenta.

  • Revisa a ortografía e, por favor, escribe en galego como Rosalía.



Agora...   A PRACTICAR! Lembra que tes que deixar un comentario nesta entrada. 


mércores, 15 de febreiro de 2023

IDADE CONTEMPORÁNEA: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Imos a ver un vídeo resumindo a gran transformación económica e social que provocou a REVOLUCIÓN INDUSTRIAL a comezos da Idade Contemporánea.


martes, 7 de febreiro de 2023

IDADE CONTEMPORÁNEA: A REVOLUCIÓN FRANCESA

 Este curso mergullarémonos na Idade Contemporánea, por iso que mellor maneira que comezar polo principio: A REVOLUCIÓN FRANCESA.