Estamos aprendendo a identificar animais invertebrados empregando unha CLAVE DICOTÓMICA.
Colle a túa clave e identifica estes animais invertebrados:
1º Tes que copiar no caderno o nome dos animais, o científico e o común, despois le as súas características e pásalles a clave dicotómica para identificar que tipo de invertebrado é.
Hottenttota tamulus (Escorpión rojo indio).
Invertebrado de catro patas, no tórax ten un caparazón NON moi resistente.
Millepora dichotoma (Coral de fuego).
Animal invertebrado, na primeira parte da súa vida ten corpo brando e a medida que medra e pasa o tempo convértese en duro, pero non se trata dun caparazón. Ao tocalo pode causar urticaria.
Atta insularis (Formiga bibijagua).
Coñecedes de sobra as formigas. Certo? Intenta clasificar esta bibijagua coa clave dicotómica.
Scolopendra polymorpha (Escolopendra trigue).
Veña!! Anímate a clasificar esta escalopendra. Que tipo de invertebrado é?
Ostrea edulis (ostra común).
Identifica as ostras. Que tipo de invertebrado será?
Hirudinea (Sanguijuela).
Aquí van varias pistas: o corpo é brando e non ten cuncha interna.






Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.