Esta semana levaremos a cabo unhas actividades para experimentar as mesturas e algunhas das técnicas de separación. Para experimentar con este tema nada máis necesitas traer da casa o seguinte material:
- 2 vasos de cristal.
- 1 culler pequena.
- 1 culler sopeira.
- 1 culleradiña de arroz.
- 1 culleradiña de sal.
- 1 filtro de café.
- 1 trapo de cociña.
No cole teremos outro material extra que precisaremos tamén para facer estes experiementos:
- Cociña portatil.
- Cazo.
Por último, aquí tedes tamén a FICHA DE REXISTRO para que vaiades seguindo o paso a paso e anotedes hipótese e comprobación do sucedido.
MESTURA HOMOXÉNEA E HETEROXÉNEA
FILTRACIÓN E DECANTACIÓN
REXISTRAMOS A EXPERIENCIA



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.