Vou a deixar varios exemplos e pistas para que crees a túa ponte. Primeiro van dúas imaxes para que lembres que podes facer a túa ponte empregando pilares ou pilares con arcos, combina estas solucións estructurais coma ti decidas tendo en conta que tes que facer unha construcción o máis resistente posible.
Aquí deixo unha pista sobre a calzada, fíxate na fotografía, unha calzada con tensión é capaz de soportar máis peso.
Para que te inspires na realidade deixo aquí unhas fotos de pontes que podes visitar en Ribadumia:
 |
| Ponte de Cabanelas (Clube de Piragüismo) |
 |
| Ponte sobre o Río Umia (Barrantes) |
 |
| Ponte para peóns na Ruta da Pedra e da Auga |
 |
| Ponte dos Padriños |
Veña, agora xa sabes, revisa ben as anotacións que fixemos no caderno e MANS Á OBRA. Lembra que na ciencia hai que probar, probar e probar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.